Son a esaxeración,
un esperpento
que non lle deixa espazo
á historia espida.
Viro ao redor
dun eu de heroína
nunha longa noite
chea de inquilinos.
O meu corpo
florece en poesía,
lonxe dos que me enchen
de recordos mortos.
Eu... quero recordos vivos.
Unha oportunidade.
Gozar escachando de risa.
Vivir.